No presente curso, os talleres de arte volveron á organización habitual. Relacionados co tema anual traballado no Centro, cada curso elixiu un obradoiro entre os propostos por Marc.
Este curso o tema era: "Son do Hío" polo que o mar, a pedra e o entroido convertéronse nos protagonistas das propostas.
Infantil 4 anos: máscaras
Infantil 5 anos: barcos de madeira
1º e 2º de Primaria: escultura en relevo: petróglifos
3º e 4º de Primaria: cabezudos
5º e 6º de Primaria: escultura en relevo, reinventando a dema do Hío.
O proceso foi similar en todos os obradoiros, comezamos por facer o deseño en papel para despois pasalo ao material de traballo.
En todos os casos o alumnado traballou con entusiasmo e os resultados foron excelentes. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Deixámosvos, como mostra, unha imaxe dos resultados de cada obradoiro. Pinchando en cada imaxe accederedes a unha pequena galería de cada obradoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario