xoves, 16 de marzo de 2023

REMATA UNHA DÉCADA PRODIXIOSA

No curso 2020-21 demos remate á primeira etapa do noso percorrido pola arte. Unha aventura iniciada no curso 2009-10, coa realización dun obradoiro co alumnado de 5º. 

Era o comezo dun proxecto que se levou a termo con todos os niveis do Centro. Toni Casaus como especialista artístico e Marisa Núñez como coordinadora dende o Centro, preparáronnos once anos dun percorrido apaixoante  por distintas técnicas e materiais.

Land Art, instalacións artísticas, videoarte, fotografía, infografía, volume, gravado, serigrafía, artes óptica, sonora, matérica, rupestre, cubismo, surrealismo, anamorfose, xeometría e tantos conceptos artísticos máis tiveron cabida nos distintos obradoiros que chegaron ao seu fin en 2021 co deseño de xogos, feito polo curso de 6º, como contribución á reforma dos patios .

E chegou o momento no que Toni Casaus e Marisa deron comezo a unha nova etapa vital. No cole deixaron cariño, bo facer e sabedoría artística. Tod@s aprendemos e gozamos cos once anos de obradoiros.

Grazas Toni e Marisa!


Picade no enlace para coñecer mellor esta etapa: 

Naturalmente arte 2009-2021

Deixámosvos, tamén, unha selección dalgúns momentos inesquecibles vividos ao aire libre.




















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

SON DO HÍO - CURSO 22-23

No presente curso, os talleres de arte volveron á organización habitual. Relacionados co tema anual traballado no Centro, cada curso elixiu ...