luns, 8 de maio de 2023

COMEZO DUNHA NOVA ETAPA, UN ANO DE CINE

Había que comezar unha nova etapa no desenvolvemento dos obradoiros de arte. A sorte, no momento en que Toni tivo que marchar, puxo no noso camiño a Marc Taegger. 

Xa tiñamos novo asesor artístico para unha actividade que o Centro quería manter: os obradoiros de arte.

No curso 2021-2022, chegou o cine ao noso cole e, da man de Marc, introducímonos na fascinante aventura de elaborar unha curta de animación. Empregamos a técnica de stop motion e aprendemos e divertímonos a partes iguais.

A actividade levouse a cabo ao longo do curso coa participación de todo o alumnado do Centro.

Comezamos coa elección da historia, unha idea orixinal de Claudio, que o alumnado de 6º converteu en guión cinematográfico tanto literario como gráfico. 



Entre todas as aulas elixíronse as características dos distintos personaxes para que todo o alumnado puxese en marcha a súa imaxinación para o deseño. Carolina e os seus irmáns, os corvos, o conserxe, o loro Faustino, a escola vella do Hío... comezaron a formar parte do noso día a día.


 

Un paso difícil foi elixir, entre tantísimos traballos excelentes, os personaxes e elementos do decorado.

 O traballo, fotograma a fotograma, ensinounos a planificar o resultado, así como o valor da paciencia e da tranquilidade.

Entre tanto había que elixir voces: de cada aula de primaria saliu unha voz masculina e outra feminina. Todas eran Carolina, todos eran Carlos, Mauro, Martín......, o señor Alfonso... Ata lle demos voz aos corvos!

Todo preparado! Chegou o momento da edición. Aquí Marc levou o peso do traballo coa colaboración do alumnado de 6º que se iniciaba no uso do editor de vídeo.

O resultado coñecédelo tod@s. Aínda así, deixámosvos os enlaces á película e aos procesos de elaboración ao final da entrada.

MÁIS PELIS!

Pola súa parte, catro profes do cole tiveron a valentía de participar ademáis nun proxecto anual relacionado co cine: "Nós tamén creamos", cun proceso de elaboración similar ao utilizado na curta de Carolina.

Certo que é unha actividade que non estaba prevista nos obradoiros de arte pero , se de arte falamos, os tres filmes resultantes son evidentemente artísticos, así que, non podemos menos que deixarvos o acceso ás tres películas que elaboraron os grupos de Infantil de 5 anos, 3º e 4º de Primaria e o grupo de AL.

Tres maravillosas curtas para disfrutalas e os tres respectivos procesos de elaboración.

Preparade os flocos de millo e boa xornada de cine!!

ENLACES

 Carolina e o corvo de ás brancas      - Así se fixo

Meus amigos os piratas                      - Así se fixo

A sopa verde                                      - Así se fixo

O gato na árbore                                 - Así se fixo


Ningún comentario:

Publicar un comentario

SON DO HÍO - CURSO 22-23

No presente curso, os talleres de arte volveron á organización habitual. Relacionados co tema anual traballado no Centro, cada curso elixiu ...