luns, 19 de xuño de 2023

SON DO HÍO - CURSO 22-23

No presente curso, os talleres de arte volveron á organización habitual. Relacionados co tema anual traballado no Centro, cada curso elixiu un obradoiro entre os propostos por Marc.

Este curso o tema era: "Son do Hío" polo que o mar, a pedra e o entroido convertéronse nos protagonistas das propostas.

Infantil 4 anos: máscaras 

Infantil 5 anos: barcos de madeira

1º e 2º de Primaria: escultura en relevo: petróglifos

3º e 4º de Primaria: cabezudos

5º e 6º de Primaria: escultura en relevo, reinventando a dema do Hío.

O proceso foi similar en todos os obradoiros, comezamos por facer o deseño en papel para despois pasalo ao material de traballo.

En todos os casos o alumnado traballou con entusiasmo e os resultados foron excelentes. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Deixámosvos, como mostra, unha imaxe dos resultados de cada obradoiro. Pinchando en cada imaxe accederedes a unha pequena galería de cada obradoiro.











SON DO HÍO - CURSO 22-23

No presente curso, os talleres de arte volveron á organización habitual. Relacionados co tema anual traballado no Centro, cada curso elixiu ...